Portela e Toxoso
Coidamos o monte con vacas e éguas
O noso xeito de coidar o monte é o máis antigo e, hoxe, un dos máis sensatos: deixar que o pasten animais. Temos vacas recién incorporadas e máis de 100 éguas que pacen libres en Portela e Toxoso.
Ao pacer, manteñen a raia o mato, abren claros e favorecen que crezan pastos e plantas variadas. Un monte pastado é un monte máis limpo e menos exposto aos incendios forestais, e ademais dá máis vida á fauna e á flora.
Este traballo non se ve dun día para outro, pero nótase cos anos: máis pastos, máis diversidade e unha paisaxe mellor conservada.
Se te cruzas co gando
Mantén a distancia, non lles des de comer, non os asustes e deixa as portas e os pechos como os atopaches. Os animais están na súa casa.


