Mancomunidade Portela e Toxoso: un monte de todos, coidado polos veciños.
Mancomunidade Portela e Toxoso
Monte veciñal en man común en Castromaior (Lugo).
Conservamos o medio natural con gando e convidámoste a descubrir o seu entorno, a súa biodiversidade.
-
Situados en Abadín (Lugo)
-
Coidamos o monte
-
Conserevación das turbeiras
-
Repolación de madeira
Somos a comunidade de veciños que coida o monte de Portela e Toxoso, no concello de Abadín, na provincia de Lugo. É un monte veciñal en man común: pertence aos veciños e xestionámolo entre todos, como se fixo en Galicia durante xeracións.
Non ofrecemos servizos comerciais. O que facemos é conservar este recuncho de Galicia: mantemos o monte limpo e vivo coas nosas vacas e éguas, protexemos a súa natureza e compartímolo con quen queira percorrelo con respecto.
Mancomunidade Portela e Toxoso
Conservación do medio natural
Aquí atoparás quen somos, como coidamos o monte, que especies o habitan, cando saen os cogomelos e por onde podes camiñar.
Conservación do medio
O noso xeito de coidar o monte é o máis antigo e, hoxe, un dos máis sensatos: deixar que o pasten animais.
Natureza
O noso monte é un mosaico de pastos, mato, bosque de ribeira, piñeiral, carballeira… Segundo a época, cambia de cor e de cheiro.
Cogomelos
Coas choivas do outono, o noso monte énchese de cogomelos. É unha das experiencias máis bonitas da tempada, e queremos que quen veña gozala o faga con respecto.
Madeira
Temos tamén madeira plantada e tamén repoblamos con pinos.
Conservación das turbeiras
Actualmente participamos nun proxecto coa Universidade de Santiago de Compostela, na Serra do Xistral, para a conservación do medio das turbeiras.
Comunidade de veciños que coidamos o monte de Portela e Toxoso en Abadín (Lugo)
Se queres saber máis info sobre nós, o noso traballo e proxectos, ponte en contacto con nós nos emails: presidente@mancomunidadportelaetoxoso.com e secretario@mancomunidadportelaetoxoso.com


