Portela e Toxoso

Portela e Toxoso é un monte veciñal en man común situado en Castromaior (Lugo). Este modelo, tan noso, significa que o monte é propiedade da comunidade de veciños e non dunha persoa concreta. Non se pode vender nin dividir: herdase e coídase para os que veñan despois.